Jornada ISSGA 23/04/19

Os nódulos das cordas vocais por mor dos esforzos sostidos da voz por motivos profesionais están recollidos no Cadro de enfermidades profesionais. A voz é un instrumento fundamental para a comunicación cos demais pero ademais, en determinadas profesións, é a principal ferramenta de traballo, e para estas persoas, calquera alteración ou patoloxía comunicativa/vocal pode afectar ao seu desempeño laboral. Os problemas da voz son prevenibles, traballando tanto sobre os factores individuais como sobre as condicións de traballo, incluídos os aspectos organizativos. 

Dentro das actividades programadas polo Issga con motivo da celebración, o próximo 28 de Abril, do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que este ano coincide co centenario da creación da Organización Internacional do Traballo OIT, o día 23 de abril, terá lugar no ISSGA de A Coruña a Xornada Patoloxía da voz de orixe laboral

PROGRAMA

INSCRIPCIÓN