La Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales suscribe un convenio con la CEG para contribuir a la integración de la prevención en el empresariado gallego

De izquierda a derecha, Juan Manuel Vieites, presidente de la CEG y Carlos Montes, presidente de la SGPRL.

A través de este convenio, la CEG impulsará en sus empresas asociadas la prevención en riesgos laborales

Santiago de Compostela, 24 de enero de 2024.- La Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ha suscrito un convenio con la Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales (SGPRL) con el que se busca contribuir a la integración de la prevención de riesgos laborales en la gestión de las empresas asociadas a la patronal gallega.

El convenio entre ambas entidades ha sido firmado por el presidente de la CEG, Juan Manuel Vieites, y el presidente de la Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales, Carlos Montes. “La SGPRL puede contribuir a este fin, así como aportar conocimiento y perfeccionamiento profesional al personal técnico de los servicios de prevención de sus empresas asociadas”, explica la CEG en un comunicado.

Mediante este documento se establecerán acciones de intercambio y colaboración con el tejido empresarial gallego para el conocimiento y análisis de las actividades profesionales, su adaptación al cambio social y tecnológico, la consiguiente adaptación de las condiciones de trabajo y su posible repercusión en las condiciones de seguridad y salud en el trabajo.

Así, habrá actividades de investigación en relación con las condiciones de seguridad y salud de determinados ámbitos o actividades laborales, especialmente aquellas susceptibles de exposición a riesgos emergentes por la incorporación de nuevas tecnologías.

A seguridade e saúde no traballo son dereitos fundamentais

A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais lembra a necesidade de garantir o dereito a un lugar de traballo seguro e saudable

Lugo, 28 de abril de 2023.- Hoxe conmemórase o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, unha data importante para lembrar que unha contorna laboral segura e saudable é un dereito fundamental para todas as persoas traballadoras. Como cada ano, a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) únese á campaña mundial de sensibilización liderada pola Organización Internacional do Traballo (OIT) para promover unha cultura preventiva que contribúa a reducir o número de mortes e lesións relacionadas co traballo.

A seguridade e saúde no traballo non comprenden só cuestións técnicas ou de cumprimento legal, senón que son esenciais para protexer e mellorar a vida de quen traballa, das súas familias e da sociedade no seu conxunto. No ano 2022, rexistráronse en España 1.196.425 accidentes laborais e 22.589 casos de enfermidades relacionadas co traballo. O número de accidentes con desenlace mortal aumentou un 17,2%, que equivale a máis de dúas mortes ao día, o peor rexistro desde o ano 2009.

Polo tanto, é responsabilidade de todas as organizacións, empresas e empregadores adoptar medidas efectivas para garantir unha contorna laboral exenta de perigos. Pero tamén, individualmente, é a nosa responsabilidade traballar de forma segura, protexernos debidamente e evitar poñer en perigo aos demais.

Para iso, desde a SGPRL facemos un chamamento sobre a importancia dunha cultura preventiva no traballo, baseada na rigorosa identificación e avaliación dos riscos laborais e na adopción de medidas preventivas eficaces. Esperamos tamén que este Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo sexa unha oportunidade para recoñecer e valorar o traballo esencial que realizan todos aqueles profesionais, mulleres e homes, que traballan incansablemente na identificación, avaliación e prevención dos riscos laborais e na reparación do dano que estes producen nas diferentes contornas de traballo. Un labor crucial para protexer a vida e a saúde de todas as persoas traballadoras.

Proclamación definitiva de candidatura

SOCIAS E SOCIOS DA SOCIEDADE GALEGA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A Xunta de Goberno saínte, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisoria de candidaturas á Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), efectuada o 25 de febreiro, e non téndose presentado ningunha outra

ACORDA

1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais proclamada provisionalmente:

Carlos Montes Piñeiro, Presidente.
Patricia Pérez Guitián, Vicepresidenta.
Bibiana del Río López, Secretaria.
Antonio Vázquez Vázquez, Tesoureiro.
Luis Ricardo Fernández Fernández, Vogal.
Blanca Franco Martínez-Falero, Vogal.
María Teresa Magdalena Iglesias, Vogal.
Juan Mariñas Liste, Vogal.
Javier Martínez Pérez, Vogal.
Manuel Rodríguez Méndez, Vogal.
Alberto Villarroya López, Vogal.

En Lugo, a 10 de marzo de 2023.

Bibiana del Río López
Secretaria da SGPRL

Proclamación provisional de candidatura

SOCIAS E SOCIOS DA SOCIEDADE GALEGA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Finalizado o 20 de febreiro de 2023 o prazo de presentación de candidaturas para concorrer ás Eleccións á Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), unha vez examinada a documentación recibida, a Xunta de Goberno saínte

ACORDA

1.- Proclamar provisionalmente como válida a candidatura presentada e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos:

Carlos Montes Piñeiro, Presidente.
Patricia Pérez Guitián, Vicepresidenta.
Bibiana del Río López, Secretaria.
Antonio Vázquez Vázquez, Tesoureiro.
Luis Ricardo Fernández Fernández, Vogal.
Blanca Franco Martínez-Falero, Vogal.
María Teresa Magdalena Iglesias, Vogal.
Juan Mariñas Liste, Vogal.
Javier Martínez Pérez, Vogal.
Manuel Rodríguez Méndez, Vogal.
Alberto Villarroya López, Vogal.

2.- Comunicar ás socias e socios da SGPRL que no prazo de cinco días hábiles a partires da data deste acordo poderán presentar reclamacións sobre a candidatura perante a Xunta de Goberno saínte.

En Lugo, a 25 de febreiro de 2023.

Bibiana del Río López
Secretaria da SGPRL

Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria

A Proposta da Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), e de acordo co artigo 14 dos Estatutos da Sociedade, se convoca a todos os socios á Xunta Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 17 de marzo, ás 17,00 horas en 1ª convocatoria e ás 17,30 horas en segunda convocatoria, no seu domicilio social: Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Lugo, C/ Ramón y Cajal nº 2, 1°, 27001 Lugo. Orde do
día:

  • Punto único: Eleccións a Xunta de Goberno da SGPRL.