El día 22 de octubre tendrá lugar la Jornada AVALIACIÓN DE AXENTES QUÍMICOS en el Centro ISSGA de Coruña
José Rega Piñeiro. Xefe do Centro:
“A avaliación do risco xerado por exposición laboral a axentes químicos, que é unha obriga establecida polo RD 374/2001, é especialmente complexa. Os axentes son moi numerosos, teñen propiedades perigosas diversas, atópanse en moitas actividades produtivas e os seus efectos tóxicos adoitan manifestarse a medio ou longo prazo.
O método habitual de avaliar o risco por inhalación é medir a concentración do axente no aire e comparala co valor límite ambiental VLA. Preo non todos os axentes teñen fixado un VLA. Nestes casos, pódense aplicar métodos cualitativos de avaliación, que serven para establecer as medias preventivas axeitadas de paso que serven como primeira aproximación á xestión do risco e como complemento das avaliacións baseadas en medicións ou avaliacións cuantitativas.
A avaliación cuantitativa é, por defecto, o método que o Real Decreto esixe, pois indica que a avaliación do risco derivado da exposición por inhalación deberá incluír a medición antes mencionada. A medición fundaméntanse na aplicación dunha norma técnica, a UNE EN 689, que ven de ser revisada recentemente, modificando a estratexia de medición, e dicir, a cantidade e frecuencia das tomas de mostras que se deben realizar, e sobre todo, os criterios de conformidade dos resultados da medición co cumprimento do VLA.”