Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria

CONVOCATORIA  DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA

Non presentándose ningunha candidatura ás eleccións a Xunta de Goberno da SPGPRL convocadas para este día 28 de marzo de 2018, de acordo co establecido nos Estatutos, a Xunta Xeral Extraordinaria acorda convocar nova Xunta Xeral Extraordinaria para o día 8 de xuño de 2018, ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19,30 horas en segunda convocatoria, no seu domicilio social: Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Lugo, C/ Ramón y Cajal nº 2, 1°, 27001 Lugo.

Orde do día:

  • Punto único: Eleccións a Xunta de Goberno da SGPRL.

A efectos de información para os socios que queiran presentar candidatura á Xunta de Goberno da SGPRL, se adxunta calendario electoral das distintas fases do proceso cunha referencia explicativa que sobre cada unha das fases recollen os Estatutos da SGPRL.

En relación coa posibilidade de delegación do dereito de asistencia á Xunta e voto, os Estatutos da SGPRL establecen ao respecto: “Os socios numerarios poderán delegar o seu dereito de asistencia e voto noutro socio numerario, mediante escrito individual asinado, no que conste a identificación do delegado e a data da Xunta Xeral á que se refire. Non valerá a delegación que a xuízo da Xunta de Goberno non reúna estes requisitos ou sexa concedida con carácter xeral ou a máis dunha persoa, ou non se presentara ao Presidente antes de constituírse a Xunta Xeral”.

Lugo, 28 de marzo de 2018.

O PRESIDENTE

Asdo.: Juan Mariñas Liste