Jornada ISSGA 27/04/18

O descenso continuado das taxas de natalidade e o aumento da esperanza de vida están a transformar a forma da pirámide de idade, en transición cara a unha estrutura de poboación moito máis envellecida.

Consecuentemente,a man de obra europea tamén está a envellecer: a idade de acceso ao primeiro emprego e a de xubilación están a aumentar e a vida laboral tende a prolongarse, de modo que a evolución demográfica da poboación traballadora reclama a incorporación da xestión da idade ás distintas políticas empresariais para garantir o mantemento da saúde e da capacidade de traballo ao longo de todo o ciclo laboral, e por iso as políticas de seguridade e saúde no traballo deben incorporar e liderar a xestión da diversidade interxeracional como un valor estratéxico a nivel laboral, social e de competitividade empresarial.

Data de realización: 27 de Abril , 2018
Data de fin da inscripción: 27 de Abril , 2018  (pódese inscribir nesta ligazón)
Lugar de celebración: Centro Issga da Coruña


Acción formativa incluída na relación de actividades programadas polo ISSGA con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo_28 de abril.

PROGRAMA

09.30 RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

09.45 PRESENTACIÓN

Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria

10.00IDADEE DIVERSIDADE. IMPACTO NA XESTIÓN DE PRL

María Jesús Otero Aparicio, Xefa de Unidade Técnica do Centro Nacional de Nuevas Tecnologías (CNNT) INSSBT.

10.45ENVELLECEMENTO TRABALLO: UNHA ANÁLISE DESDE A PSICOLOXÍA

Antonio Fuertes Saavedra, Vogal da sección de Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Membro do grupo de traballo en Saúde e Benestar Ocupacional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

11.00 DESCANSO

11.30Título por determinar

Elena Santamarina Durán, Xefe da unidade especializada en Seguridad e Saúde Laboral da Inspección Provincial de Traballo da Coruña (posible suplencia por Javier Travieso. Inspector de trabajo)

12.15Título por determinar

Cecilia Coll Sánchez, responsable de RRHH de Laboratorios Quintón

13.00COLOQUIO E PECHE

Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria