Proclamación definitiva de candidatura

SOCIAS E SOCIOS DA SOCIEDADE GALEGA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A Xunta de Goberno saínte, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisoria de candidaturas á Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), efectuada o 25 de febreiro, e non téndose presentado ningunha outra

ACORDA

1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta de Goberno da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais proclamada provisionalmente:

Carlos Montes Piñeiro, Presidente.
Patricia Pérez Guitián, Vicepresidenta.
Bibiana del Río López, Secretaria.
Antonio Vázquez Vázquez, Tesoureiro.
Luis Ricardo Fernández Fernández, Vogal.
Blanca Franco Martínez-Falero, Vogal.
María Teresa Magdalena Iglesias, Vogal.
Juan Mariñas Liste, Vogal.
Javier Martínez Pérez, Vogal.
Manuel Rodríguez Méndez, Vogal.
Alberto Villarroya López, Vogal.

En Lugo, a 10 de marzo de 2023.

Bibiana del Río López
Secretaria da SGPRL